CRTVG

Buscar

Arte e natureza mistúranse no Caderno de Campo das Illas Cies

Publicado o 12/08/2019 15:58

Na proa do barco, armado cos seus prismáticos, José Arcas navega cara ás Cíes. Jose Arcas leva anos observando e debuxando a súa fauna que plasmou no libro Caderno de campo das Illas Cíes.
Este biólogo e artista defínese como un pintor da natureza. Unha arte que trata de capturar a maxia do momento dende un punto de vista persoal.

Está escrito en galego, castelán e inglés. Gaivotas patiamarelas ou lagartos arnais ilustran este caderno. Falta outra especie, máis invasiva, os turistas que todos os veráns pasan polas illas moitas veces ignorando a súa fauna.
Despedimos o arquipélago e os seus habitantes dende a popa do barco. Editorial Catro Ventos publica este Caderno de campo das Illas Cíes.
 

Noticias web

12/08/2019