Arrinca este venres o prazo para solicitar o Bono Concilia, ao que a Xunta destina 2 millóns de euros
Publicado o 18/06/2021 18:29

As nais e os pais galegos con fillos menores de 3 anos poden solicitar a partir de hoxe a axuda do Bono Concilia, que este ano aumenta un 10% en todos os tramos.
Orientado ás familias que non obtiveron praza nun centro público, o cheque infantil vai de 50 a 275 euros ao mes para un neno que acode a xornada completa a unha escola infantil con comedor.
O Goberno galego destina a esta axuda un total de 2 euros millóns de euros, que serán ampliables para atender todos os que o pidan e cumpran os requisitos.