CRTVG

Buscar

Arrinca a vendima en Monterrei coa expectativa dunha boa colleita en cantidade e calidade

Publicado o 06/09/2021 19:52

25 persoas comezaron en Monterrei a recoller a uva, e fano para a adega que tamén o ano pasado principiara a vendima nesta denominación de orixe.800.000 quilos de uva prevén ter ao final da vendima nesta adega, un terzo apáñanas en parcelas propias e o resto mércanllo a viticultores de Monterrei.

Tras esta adega, irán sumándose estes días, moi pendentes das choivas, outras da Denominación de Orixe Monterrei. Dende o Consello Regulador agardan chegar á cifra histórica do ano pasado, cando vendimaron 5.600.000 quilos de uva.

Calculan que a vendima dure en Monterrei entre 20 e 30 días.

Noticias web

06/09/2021