Arrimadas recoñece que está defraudada con Xoán Carlos I, pero di que este caso non lle afectará ao sistema democrático
Publicado o 04/09/2021 14:46
Mentres, Inés Arrimadas referiuse hoxe á investigación xudicial ao rei emérito Xoán Carlos I. A líder de Ciudadanos admitiu que se sente defraudada, pero engadiu que ninguén pense que isto vai servir para facer caer o actual réxime democrático:
"Moitos españois que valoramos o papel do rei emérito durante a transición sentímonos sorprendidos e defraudados por estas informacións. Pero desde logo que ninguén pense que Podemos e os separatistas van utilizar isto para facer caer o noso sistema democrático ou mesmo para afectar ao rei Filipe VI, que creo que está levando a súa xefatura do Estado con moitísima transparencia".