CRTVG

Buscar

Arrimadas mándalle unha mensaxe ao PP: "De absorción, 'nanai'..."

Publicado o 01/03/2020 20:14

A portavoz de Ciudadanos no Congreso lanza a súa candidatura a presidir o partido. Nun acto cos seus afíns, Inés Arrimadas defendeu a coalición electoral co PP no País Vasco... pero mandoulles unha mensaxe aos populares. Asegurou que Cs seguirá sendo un "partido autónomo". Sobre Galicia, lamentou que Feijóo rexeite unha coalición electoral con eles e insistiu en que non aceptarán ningún intento de "absorción".

Inés Arrimadas: "Cando se trata de sumar entre constitucionalistas para estar cos que tiñan que mirar debaixo do coche durante moitos anos, Ciudadanos suma e achega desde unha coalición e desde un espazo propio, pero cando se trata de que nos intenten absorber, nanai... Presentámonos ás eleccións de Galicia sós, sós...".

 

Noticias web

01/03/2020