CRTVG

Buscar

Aumentan as críticas contra o Goberno grego pola falta de medios aéreos para loitar contra os incendios

Publicado o 10/08/2021 11:24

A illa de Eubea segue ardendo. O lume destrúe aldeas e cultivos. A resposta do Goberno grego é cando menos insuficiente, tan só dispoñían de tres avións para facer fronte aos case seiscentos incendios que arrasaron 65.000 hectáreas. O primeiro ministro pediu perdón pola ineficacia. O fume está a cubrir os seus ceos. España vai mandar un dos hidroavións que leva días colaborando na extinción en Turquía. Os incendios atacan o sur de Italia e a illa de Sicilia. Na Cabilia, en Alxeria, o lume provocou a morte de 5 persoas.

Semella a confirmación dunha crise climática inevitable, irreversible e sen precedentes como describiron os expertos da ONU. Castiga mesmo rexións como Siberia ou a Columbia británica canadense. O estado de California leva semanas loitando contra Dixie, o segundo incendio mais devastador da súa historia. Arrasou 200.000 hectáreas e coñecidos enclaves turísticos como Greenville, un símbolo da crise climática que está a padecer o planeta.
 

Noticias web

10/08/2021