CRTVG

Buscar

Arranca o Festival de Cannes, coa participación do filme galego 'O que arde'

Publicado o 14/05/2019 17:41

Será o martes 21 en dobre pase na sala Debussy. Nese momento escoitarase o galego dos Ancares no Festival de Cannes. Oliver Laxe participa por terceira vez no certame francés co seu novo filme, O que arde, producido pola Televisión de Galicia.

Coa escusa da saída do cárcere dun pirómano, Laxe conta a historia do reencontro dun fillo coa súa nai e a relación entre eles. O filme máis íntimo do cineasta galego competirá na sección "Unha certa ollada", onde tamén está o filme Liberté do catalán Albert Serra.

A participación española complétase na sección oficial con Dolor y gloria, de Pedro Almodóvar, que loitará pola ansiada Palma de Ouro. Hoxe abre The dead don´t die, de Jim Jarmusch, cun elenco entre os que salientan Bill Murray, Tilda Swinton, Danny Glover ou Steve Buscemi. Na edición 72, por fin, Cannes falará en galego.

Noticias web

14/05/2019