Arranca en Vigo a primeira fábrica de máscaras EPI
As máscaras fabricadas nesta factoría de Vigo, a primeira en Galicia que producirá equipos de protección individual, serán comercializadas baixo a categoría FPP3, a de maior protección do mercado.
Miguel Gómez, dir. comercial de Galmask, explica que teñen unha proteción do 99 por cento, tanto cara o interior como cara o exterior.
Un proceso automatizado, que permite fabricar un millón e medio de EPI mensuais. E co que aspiran a contribuír ao abastecemento de máscaras homologadas producidas no país. Cun investimento de 600.000 euros, esperan crear 30 postos de traballo directos.
Actualmente as máscaras, que se comercializarán baixo a marca Galmask, están na última fase de homologación, á espera de recibir o certificado da Unión Europea. En dúas semanas agardan empezar a súa comercialización.