CRTVG

Buscar

Arranca a tempada de cogomelos cos montes cheos grazas á humidade e ás temperaturas suaves

Publicado o 05/10/2021 20:40

Percorremos os montes de Celanova con dous expertos en micoloxía. Alejandro Mínguez explícanos que "nestes momentos estamos recollendo distintas especies comestibles. O clásico cogordo, hai champiñóns, hai sendeiriñas, hai moito boletos, sobre todo aerius. Ten o sombreiro moi escuro, ten un retículo no pé e este ano hai moito máis aerius que edulis".

Beatriz Pérez, outra das expertas afirma que "temperaturas suaves e chuvia fixeron abrollar numerosas especies de cogomelos nos nosos montes pero xunto algunhas cun gran valor culinario como este boletus atopamos outras tóxicas como esta amanita por iso temos extremar as precaucións á hora de saír ao monte".

Alejandro Mínguez, advirte, ademais, que é preciso ter precaución, formación e información: "Temos que ter unhas nocións básicas científicas para identificar os cogomelos polas súas características físicas." Ante calquera dúbida, desbotalo ou consultar cun experto.

É importante tamén como se deben coller os cogomelos, así garantimos que continúe o ciclo e o ano que vén poidan nacer novos exemplares.

Noticias web

05/10/2021