CRTVG

Buscar

Arranca a segunda etapa de Luisito no Pontevedra

Publicado o 08/02/2021 19:26

Luisito foi presentado esta tarde como novo adestrador do Pontevedra. Na presentación estivo acompañado pola presidenta Lupe Murillo.

Comeza así a segunda etapa do técnico de Teo no conxunto granate, unha etapa que cualificou de "ilusionante".

Luisito substitúe a Jesús Ramos como técnico do Pontevedra.

A derrota co Zamora agudizou a crise granate. O Pontevedra está a cinco puntos do terceiro lugar cun partido menos que xogará este mércores en Pasarón co Guijuelo. Se gaña, ata adianta o Deportivo.

Jesús Ramos dirixiu o equipo en dúas etapas: tras a destitución de Luismi e tras a saída de Carlos Pouso. 

 

 

 

Noticias web

08/02/2021