Arranca a primeira xornada de vacinación de portas abertas na Cidade da Cultura
"Chegamos hai pouco a Galicia co bebé e co meu marido, que vén facer un máster e vimos que lanzaban isto sen cita previa e vimos". "Tivemos moita sorte, aínda chegamos aquí, aínda estamos con procesos de rexistros".
Coma esta familia arxentina que acaba de mudarse a vivir a Santiago, centos de persoas agardaban na cidade da Cultura para vacinarse, sen estar citados. A participación é algo maior da agardada.
"Si que vimos que dende a primeira hora, a ringleira é fluída e si está vindo xente algo máis da que agardabamos, iso é positivo, claro". di María Xosé Parrado, enfermeira que coordina a vacinación.
"Temos unha dispoñibilidade de catro mil doses e desas 4.000, algo menos de mil eran para autocitas aínda que non se cubriron todos os ocos de autocita".
Entre os que veñen sen estar convocados, moitos galegos que non puideron asistir cando foron citados e mesmo algún que esqueceu a data.
"Cando me mandaron a mensaxe, a verdade despisteime un pouco porque non me decatei".
"Algo debeu pasar cos datos dela que non estaban actualizados, que non a chmaban e como vimos que podamos vir aquí, viñemos".
"Non estiven en Galicia e non puiden".
"Home, ao que queira vacinarse estanlle dando facilidades".
A comezos de semana haberá unha nova xornada de vacinación de portas abertas, será no campus universitario.