Arranca a campaña electoral coa confirmación dun debate a cinco o 23 de abril
Décimo cuarta campaña dunhas eleccións xerais. E confirmábase esta mañá: unha das citas claves será o 23 de abril, cun debate a cinco, en que tamén estará Vox. Panorama político máis fragmentado que nunca. Gran porcentaxe de indecisos. Todos chaman á mobilización e reclaman para si o voto útil. Cataluña, un dos temas centrais. Coa Semana Santa e as vacións polo medio. Partidos conscientes de que necesitarán pactar.
Dos principais candidatos, só Pedro Sánchez arranca a campaña fóra de Madrid, en Dos Hermanas, Sevilla. E finalmente participará nun debate a cinco nunha canle privada o 23 de abril, incluíndo a Vox. Decidiuno esta mañá o Comité Electoral. Din que usan como criterio a intención de voto do CIS.
O líder do PP reprochálle a Sánchez que rexeitara o cara a cara con el, cando lle saca, ademais, 50 escanos no Congreso. Cre que ten moito que ocultar.
Pablo Casado, abre a campaña no madrileño parque do Retiro, Ciudadanos elixiu a súa sede e Unidos Podemos un parque de Carabanchel. Os de Iglesias lamentan que non haxa un debate na televisión pública.
Todas as formacións coinciden en que a campaña será decisiva e nestas dúas semanas agardan convencer ese 42% dos cidadáns que segundo o CIS aínda non decidiron a quen votar.