CRTVG

Buscar

Arranca a campaña da nécora e do lumbrigante

Publicado o 01/07/2021 14:31

Comeza a campaña da nécora e do lumbrigante. Dende esta medianoite, e durante algo máis de seis meses, poderemos atopar nécora nos nosos mercados. A diferenza de anos anteriores, esta vez a nécora volverá acompañada do lumbrigante e non do polbo. Un crustáceo que ten un período de captura que chega ata o 31 de marzo.

Os naseiros preparan o aparello. Os máis apurados xa comezaon esta noite. O horario que teñen para faenar é nocturno, aínda hai excepcións para as rías de Arousa e Vigo e parte da de Pontevedra, nas que se poderá fondear de día. Iso si, se se elixe a quenda diúrna, renúnciase a largar pola noite. Faenarán de luns a sábado ou de domingo a venres. Malia que a situación biolóxica da nércora é boa, nalgunhas zonas din que ata o momento no viron moita.

Juán José Rial Millán, patrón maior da confraría da Illa de Arousa, di que cando saen ao camarón poñen uns tubos nas nasas para que non entren as nécoras, pero sempre entran as pequenas. Este ano entraron poucas. E isto serve para valorar como será o inicio da campaña e din que este ano vai se malo.

Os mariñeiros teñen que traer as nasas a porto todos os días, non poden quedar fondeadas. Non hai límite de capturas a limitación está marcada polo número de tripulantes e a dimensión da embarcación, que vai dende as máis pequenas, cun tope de 225 nasas, ata as de maior tamaño, que teñen un límite de 550.

Noticias web

01/07/2021