Arquivan o proceso penal contra DomusVi polo contaxio de dúas usuarias
Publicado o 06/04/2021 14:23

Queda arquivado o proceso penal contra DomusVi e dous cargos da Consellería de Política Social polo contaxio de dúas usuarias da residencia de Cangas. As mulleres contraeron a covid-19 na primeira vaga da pandemia e unha delas faleceu.
As súas fillas presentaran unha denuncia polos delitos de homicidio, lesións por imprudencia e abandono de discapacitados. O xuíz considera que non hai responsabilidade penal.