CRTVG

Buscar

Arquivan a casusa penal contra Ana Botella pola venda de pisos públicos a fondos voitre

Publicado o 23/01/2019 19:58

A xustiza arquiva a causa penal contra o Goberno municipal de Ana Botella por vender vivendas sociais a fondos voitre. O xuíz considera que non existen elementos suficientes para probar os supostos delitos de prevaricaricación, malversación e fraude, que se alegaban na denuncia. Péchase a vía penal pero continúa a administrativa, despois de que o Tribunal de Contas condenara o equipo de Botella a pagar unha multa de 22 millóns de euros polo impacto económico que tivo esta operación na Empresa Municipal da Vivenda de Madrid.
 

Noticias web

23/01/2019