CRTVG

Buscar

Arquivada a liña de investigación aberta contra Cristina Cifuentes no caso Púnica

Publicado o 20/04/2021 11:44
Arquivada a liña de investigación aberta contra Cristina Cifuentes no caso Púnica

A Audiencia Nacional arquiva a liña de investigación aberta contra Cristina Cifuentes no caso Púnica. O maxistrado instrutor do caso considera que non se acreditou que a expresidenta madrileña participara no presunto financiamento ilegal do Partido Popular da Comunidade a través da empresa SWAT.

O xuíz tamén investigaba presuntas irregularidades no contrato de cafetería e comedor da Asemblea e supostas doazóns a unha fundación, das que di o maxistrado agora, non se acreditou que Cifuentes tivese coñecemento. E por iso acorda o sobresemento provisional da causa. 

 

Noticias web

20/04/2021