Arousa e Somozas xogan unha praza na Segunda Federación (17:00 G2)
Publicado o 20/06/2021 10:10
Veremos ese partido na G2 e veremos tamén, a partir das cinco da tarde, o desenlace da loita polo ascenso á Segunda Federación. Nesa eliminatoria definitiva estará o Somozas, que hai unha semana levaba o triunfo do Anxo Carro diante do Polvorín con este gol de Luis Nuño. Volverá exercer como visitante na final, que se disputa na Lomba. O Arousa ten a vantaxe de que, se hai empate e non se altera na prórroga, gañará a eliminatoria por quedar mellor na Liga, como aconteceu diante do Estradense.