CRTVG

Buscar

Arnold Schwarzenegger arremete contra Donald Trump

Publicado o 11/01/2021 08:19

Crítica despedida de Arnold Schwarzenegger a Donald Trump.

O actor e exgobernador de California gravou un vídeo cunha mensaxe dirixida ao mandatario estadounidense en que bota man da espada de Conan. No vídeo, Schwarzenegger compara o asalto ao Capitolio de Whasington co ascenso nazi en Alemaña. Asegura que Trump pasará á historia como o peor presidente dos Estados Unidos.

Noticias web

11/01/2021