CRTVG

Buscar

Armon construirá un buque oceanográfico para o Instituto Mariño de Irlanda

Publicado o 19/12/2019 19:23
Armon construirá un buque oceanográfico para o Instituto Mariño de Irlanda

Novo contrato para o estaleiro Armon de Vigo, que pecha o ano cunha carteira de pedidos de 8 barcos.
A empresa vai construír un buque oceanográfico para o Instituto Mariño de Irlanda. O barco terá 52 metros de eslora e está valorado en 22 millóns e medio de euros. Traballarán nel durante 26 meses e a entrega está prevista para o 2022. Armon acaba de entregar o segundo barco encargado por Nueva Pescanova.
 

Noticias web

19/12/2019