CRTVG

Buscar

Armadores galegos teñen que buscar man de obra fóra

Publicado o 26/05/2021 14:34

Galicia precisa buscar fóra man de obra para cubrir postos de traballo na actividade pesqueira a bordo. Os armadores galegos están a encontrarse cun panorama nada doado para a remuda xeracional nesa ocupación. E iso, a pesar de que os soldos, non son dos máis baixos. A remuneración dun posto intermedio nun pesqueiro do Gran Sol supera os 50.000 euros.

Así o manifestaba o xerente dos armadores de Vigo en declaracións ao Bos días, tras apuntar que ante a falta de candidatos en Galicia teñen que buscar fóra persoal para traballar na pesca.

Noticias web

26/05/2021