Ares vai á Concha soñando con meterse na quenda de honra
Publicado o 28/08/2019 16:27
En traiñeiras, mañá dispútase a clasificatoria da Bandeira da Concha. Todo un reto para a embarcación de Ares. Despois de proclamarse campións da liga galega, os de Ferrolterra soñan con meterse na quenda de honra. Logralo sería un chanzo enorme con vistas á disputa do play off de ascenso á Liga ACT.