CRTVG

Buscar

Ares prepara o inicio da ACT co obxectivo da permanencia

Publicado o 30/06/2020 18:17

Despois de tres semanas de pretemporada, a Santa Olalla prepárase para a hora da verdade.

 "Moi xustiñas. Tres semanas moi xustas, contando tamén que non podemos saír á auga todos os días polo simple feito desa adaptación, porque hai partes do corpo que custa moito traballo adaptar" di Alberto Hermo, 'Eclise' Adestrador do Club de Remo de Ares

As mans, os adutores, as lumbares son as zonas que máis sofren en pretemporada. A preparación foi contra o reloxo e condicionada polas circunstancias sanitarias.

Para Alberto Hermo, 'Eclise' Adestrador do Club de Remo de Ares: "Unha pretemporada normal en remo son sete meses, máis ou menos. Houbo que facer encaixe de bolillos e facer o traballo de sete meses en tres semanas".

As embarcacións vascas empezaron a prepararse unha semana antes ca as galegas.

 "Pode ser que se note un pouco. Nós aínda estamos rematando unha fase de adaptación que eles xa fixeron. Imos chegar co tempo máis xusto que eles. Xa foi unha pretemporada moi atípica" engadiu Alberto Hermo, 'Eclise' Adestrador do Club de Remo de Ares

Ares empeza a temporada consciente das súas posibilidades. Para "Eclise": "Consideramos que temos un bo nivel, pero hai que saber como están os demais. Somos un club pequeno e aínda non temos a cimentación feita como para pensar noutra cousa. O obxectivo principal é a permanencia".

Do equipo que conseguiu o ascenso o ano pasado só hai dúas baixas. Ares incorporou remeiros da casa que tiveron que parar por un tempo e fichou xente nova procedente doutros clubs de Galicia.

Noticias web

30/06/2020