CRTVG

Buscar

Ares e Tirán buscan o ascenso á ACT

Publicado o 12/09/2019 18:08

Hai un equipo que arrasou na Liga galega. Foi o mellor tempo en 12 das 13 regatas celebradas. Se imos á clasificatoria da Concha, foi a mellor das cinco traiñeiras que compiten na eliminatoria de ascenso á ACT.

Sen presión pero, algo pouco habitual no deporte, Ares recoñece que non ascender sería un fracaso.

Outro que quere subir de categoría: Tirán, o subcampión galego.

Ares e Tirán contra San Pedro, equipo de ACT, favorito; contra Zarauzt, o campión da Liga vasca e contra Deusto, o subcampión.

O sábado adoita ser a regata clave. O domingo haberá outra. E todo, emitido pola G2.

Noticias web

12/09/2019