CRTVG

Buscar

Ares e Tirán buscan o ascenso á ACT

Publicado o 12/09/2019 14:08

O Club de Remo Ares e a Sociedade Deportiva Tirán buscan esta fin de semana o ascenso á Liga ACT.

Ares arrasou na Liga galega. Foi o mellor tempo en 12 das 13 regatas celebradas. Se imos á clasificatoria da Concha, foi a mellor das cinco traíñas que compiten na eliminatoria de ascenso á ACT. Sen presión pero, algo pouco habitual no deporte, Ares recoñece que non ascender sería un fracaso.

Outro que quere subir de categoría é Tirán, o subcampión galego.

Ares e Tirán contra San Pedro, equipo de ACT, favorito; contra Zarauzt, o campión da Liga vasca e contra Deusto, o subcampión. ​O sábado adoita ser a regata clave. O domingo haberá outra. E todo, emitido pola G2.

Noticias web

12/09/2019