CRTVG

Buscar

Ares e Cabo desafían o poderío vasco e métense entre os sete elixidos da Concha

Publicado o 02/09/2021 18:41

As traiñeiras de Cabo e Ares metérnse entre as sete mellores e remarán o domingo na Bandeira da Concha. Cabo marcou o cuarto mellor tempo da clasificatoria facendo unha regata extraordinaria. Ares fixo un gran longo de volta e meteulle sete segundos á oitava clasificada, Ondarroa.

Santurtzi e Hondarribia non quixeron sorpresas e dominaron a clasificatoria. Metéronse as cinco favoritas (tamén Orio, Urdaibai e Ziérbena) e as dúas galegas son as convidadas ao meirande evento da temporada no mundo da traiñeira. 

Noticias web

02/09/2021