Ares acada a permanencia na ACT na última xornada
Publicado o 30/08/2020 18:50
Do ceo da salvación ao inferno do descenso. En vinte minutos Ares xogaba unha temporada. Precisaba rematar por diante de Zarautz e acadouno. Ares meteulle dezaseis segundos á súa rival e estará a vindeira temporada na elite do remo.
Tamén houbo un estoupido de alegría en Santurtzi, que levou a bandeira por tres décimas e recuperou o primeiro posto. Tamén para Cabo que na casa rematou na quinta praza, o segundo mellor resultado da temporada.
Ese obxectivo final non é outro que a Kontxa. A ACT recolle os remos porque o mércores comeza en San Sebastián o prato forte do verán.