Arden dous coches de madrugada en Marín
Laura durmía pracidamente cando a espertaron os berros dos veciños, o seu coche: un Golf a todo risco estaba ardendo e o lume estábase espallando ao doutra veciña e á súa propia vivenda, no baixo a un metro escaso do vehículo.
Chamou os bombeiros e tentou retirar os obxectos da sala que corrían perigo de quedar afectados polas lapas.
Os bombeiros aplacaron inicialmente o lume na vivenda, o vento e a lixeira inclinación da rúa e que o vehículo que ardeu primeiro verteu un regueiro de combustible dificultaron a extinción.
A Policía Nacional investiga as causas do suceso, sobre todo se o incendio foi intencionado, os vehículos están custodiados pola policía desde esta madrugada. Aínda que non se desbota tampouco que a orixe fose un problema eléctrico no Golf.