Arde unha nave industrial en Fuenlabrada
Publicado o 10/05/2021 08:22

Bombeiros da Comunidade de Madrid e do concello de Fuenlabrada controlaron un incendio nunha nave industrial de produtos cosméticos. A alerta saltou contra as tres e media da tarde deste domingo no polígono industrial La Cantueña, e cando chegaron os bombeiros ardían os 800 metros cadrados da nave. Non se rexistraron danos persoais, e a intervención dos bombeiros logrou evitar que o lume se propagase ás naves lindeiras.