Arde unha moto tras impactar contra un vehículo en Porto do Son

Unha moto ardeu por completo este venres despois de que o seu condutor impactase contra un vehículo na AC550, en Porto do Son (A Coruña), informou o 112 Galicia.
O motorista sufriu feridas leves e a conductora do turismo e os dous menores que viaxaban con ela non presentan feridas. A motocicleta quedou completamente calcinada e os bombeiros de Ribeira extinguiron o lume sen maiores consecuencias para a zona forestal, xa que a humidade evitou que se propagase o lume.
Os feitos ocorreron na parroquia de Goiáns, sobre as 18.00 horas, momento en que un particular avisou da situación na que se atopaba o motorista, tendido na vía, e o vehículo que comezaba a arder.
Por iso, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Ribeira, así como dos axentes da Policía Local e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Tamén foron informados os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e o Equipo de atestados do destacamento de tráfico de Santiago investiga as causas.