Arde unha embarcación na ría de Pontevedra, á altura de Combarro, pero sen causar feridos
Publicado o 17/05/2020 11:32
Unha pequena embarcación resultou totalmente queimada pouco despois das once da mañá deste domingo por un incendio que sufriu nas proximidades da illa de Tambo, na ría de Pontevedra. Malia a espectacularidade da imaxe, non houbo que lamentar feridos.
A bordo tan só ía unha persoa que non resultou ferida e que foi auxiliada rapidamente por persoal do porto de Combarro. O lume empezou pola popa, probablemente a causa dunha avaría no motor.
No rescate interviñeron membros da Policía Local de Poio, da Garda Civil e de Salvamento Marítimo.