Arde unha casa en Begonte
Publicado o 06/12/2019 14:52
Susto no concello lucense de Begonte, onde ardeu de madrugada unha vivenda unifamiliar. Foi na parroquia de Damil. A casa quedou calcinada case que por completo, só as paredes seguen en pé. Iso si, non hai que lamentar danos persoais.
Cando os Bombeiros de Vilalba chegaron ó lugar, había moito lume e non puideron salvar nada. O que si lograron foi impedir que as lapas chegaran á casas próximas. Precisaron arredor de dúas horas para apagalas. Nada se sabe polo momento das posibles causas do incendio.
Os donos da vivenda non se atopaban nela cando se producíu.