CRTVG

Buscar

Arden dous turismos en Guntín e Maside sen causar danos persoais

Publicado o 11/10/2019 20:00
Arden dous turismos en Guntín e Maside sen causar danos persoais
Dous vehículos quedaron calcinados en senllos incidentes rexistrados con apenas dúas horas de diferenza nos municipios de Guntín (Lugo) e Maside (Ourense). Ambos incendios saldáronse sen danos persoais. O primeiro incendio tivo lugar ás 13,15 horas na estrada N-540 ao seu paso por Guntín, segundo informa o CIAE 112 Galicia. Ata o lugar desprazáronse os efectivos do servizo de extinción de incendios de Chantada e o GES de Monterroso, que apagaron o lume do vehículo, cuxos ocupantes non necesitaron atención médica. Dúas horas despois, a central de emerxencias recibiu varias chamadas que alertaban doutro incendio declarado nun coche que circulaba pola AG-54 á altura de Maside en dirección O Carballiño. O lume, que foi sufocado polos servizos de emerxencia, puido orixinarse por un curtocircuíto. En ambos os incidentes foi necesaria a intervención da Garda Civil de