Arde un vehículo en Verín e a súa condutora resulta ilesa
Publicado o 21/12/2019 13:40

A condutora dun vehículo Fiat Bravo, T.G.L., de 33 anos de idade, resultou ilesa no incidente ocorrido pouco despois das once e vinte deste sábado, no quilómetro 3,100 da estrada OU-310, entre Verín e Vilardevós.
O turismo que conducía, un Fiat Bravo, comezou a arder e prendeu lume no motor. Deulle tempo para abandonar o vehículo e avisar a Garda Civil e os bombeiros de Verín que lograron apagalo, ainda que quedou sinistro total, co motor e a parte anterior do habitáculo totalmente calcinados.