CRTVG

Buscar

Salvan a vida ao saír a tempo dun coche que ardeu por completo na AP-9

Publicado o 05/08/2019 09:39

Un turismo ardeu na autoestrada AP-9, en dirección á Coruña, a catro quilómetros da saída de Santiago. No vehículo viaxaban cinco mozos que quedaron ilesos. Os ocupantes do coche declararon que empezou a arder sen motivos aparentes mentres circulaban e que non foron quen de apagalo.

Ata o lugar tiveron que desprazarse os bombeiros, xa que ademais de calcinarse o coche as lapas saltaron á ladeira contigua. O incidente provocou retencións na autoestrada.

 

Noticias web

05/08/2019