CRTVG

Buscar

Arde un restaurante a pé de praia en Boiro

Publicado o 02/11/2020 09:33

Un incendio, xa extinguido, nun restaurante de Boiro calcinou boa parte das instalacións. As lapas, visibles desde distintos puntos do municipio, fixeron que moitos veciños se achegasen á zona. Bombeiros e Protección Civil sufocaron as chamas, que se iniciaron ás sete da tarde por motivos que aínda se descoñecen.

O restaurante, de nome Miramar, está situado ao pé da praia de Barraña. A estrutura quedou moi danada, polo que todo apunta a que terá que ser derrubado.

 

Noticias web

02/11/2020