CRTVG

Buscar

Arde un coche tras un accidente en Vilagarcía e os ocupantes marchan do lugar

Publicado o 15/03/2021 13:57

Co lume á porta da casa. Así espertaron varios veciños de Soutelo, en Vilagarcía. Un coche que tivera un accidente pola tarde comezou a arder de madrugada. Os tres ocupantes do vehículo marcharon sen dar explicacións, ningún era o dono. A orixe das lapas é incerta. Era de madrugada e os estoupidos espertaron os veciños que se encontraron con esta imaxe ao pé da porta. Botaron máis de tres mangueiras para tentar conter as lapas e evitar que se estendera ás vivendas.

A Policía Local de Vilagarcía logrou saber que no momento do sinistro ían tres rapaces no coche e que era de emprestado. Marcharon do lugar do accidente. As primeiras pescudas apuntan a que alguén lle tivo que prender lume porque despois do accidente. Os servizos de emerxencias cortaran a subministración eléctrica, así que a tese dun curtocircuíto como orixe das chamas está practicamente descartada.

Noticias web

15/03/2021