CRTVG

Buscar

Arde un coche na estrada de Nadela á entrada de Lugo

Publicado o 22/07/2020 14:00

Arde un turismo á entrada de Lugo. O vehículo comezou a arder esta mañá por un problema no motor, sen intervención de ningún outro coche e sen desgrazas persoais. Foi na estrada de Nadela a Lugo, subindo cara á ponte branca, cando a condutora se decatou do incendio e se botou a un lado. Cortouse o tráfico e interviñeron os bombeiros de Lugo para acabar co incendio de vehículo, que resultou calcinado.

Noticias web

22/07/2020