CRTVG

Buscar

Arde un camión na entrada do túnel do Folgoso, na A-52

Publicado o 21/06/2021 20:43

Os condutores que circulaban esta tarde pola autovía A-52 en sentido a Vigo levaron un bo susto. Un camión incendiouse a poucos metros do túnel do Folgoso, na Cañiza. Non houbo feridos, por sorte, e o tráfico tampouco se viu afectado.

Este paso que conecta o sur de Galicia coa Meseta estivo pechado tres meses logo de que o pasado mes de xaneiro outro camión sufrira un aparatoso incendio, daquela no interior do túnel, que ocasionara danos severos na súa estrutura.

Noticias web

21/06/2021