CRTVG

Buscar

Arde totalmente un coche en Gondomar, sen que se produzan danos persoais

Publicado o 17/09/2021 13:52

Un coche ardeu na mañá deste venres en Gondomar. Cando comezou a botar fume, a parella que ocupaba o vehículo, de avanzada idade, apartouno da estrada e aparcouno á altura da parroquia de Couso, pero pronto comezou a arder e acabou totalmente calcinado. Cando chegaron os bombeiros non puideron facer nada por evitar un sinistro que rematou sen danos persoais.

Noticias web

17/09/2021