Arde por completo unha vivenda en Vilagarcía
Publicado o 01/04/2020 14:48
Un veciño de Vilagarcía perdeu todas as súas pertenzas tras arder por completo a súa vivenda na zona de Sobradelo. O lume iniciouse nun dos cuartos debido a un curtocircuíto. O propietario do inmoble logrou saír a tempo, pero o interior da vivenda quedou completamente arrasado.
O incendio afectou o cuberto, que chegou a desprenderse no momento en que os bombeiros estaban apagando o lume. Afortunadamente, non sufriron danos. Tardaron case seis horas en sufocar as lapas.