Arde por completo, sen causar danos persoais, unha casa en Mos e queda só a estrutura
Publicado o 14/04/2019 11:53

Un incendio arrasou por completo unha casa situada no lugar de Arrubial, no concello de Mos, e deixou só en pé a estrutura da casa, segundo informa o 112 Galicia.
Os servizos de urxencia tiveron constancia do suceso pouco antes das seis da mañá do domingo por chamadas de varios particulares, momento a partir do cal se mobilizaron os bombeiros do Baixo Miño, axentes da Policía Local, Garda Civil e Protección Civil de Mos.
A edificación ardeu por completo ata quedar só en pé a estrutura e non houbo que lamentar danos persoais.