CRTVG

Buscar

Arde o chalé de Teo onde se produciu o asasinato de Asunta Basterra

Publicado o 11/10/2020 15:14

Bombeiros da Estrada e de Ordes interviñeron na extinción do lume que se produciu na madrugada do sábado ao domingo no chalé de Teo onde hai sete anos se produciu o asasinato de Asunta Basterra.

Descoñécese a orixe do fogo, xa que a vivenda de Rosario Porto estaba deshabitada, aínda que nalgún momento puido ser utilizada por ocupantes ilegais descoñecidos. O lume comezaría pola planta baixa pero a totalidade da casa viuse afectada e os bombeiros precisaron de máis de tres horas para sufocar por completo o incendio.

Investíganse agora as causas que o produciron e preocupa tamén a estrutura da vivenda, danada seriamente.