Arde o baixo dunha vivenda en Redondela sen os donos no interior
Publicado o 06/01/2019 15:12
A Policía Nacional investiga as causas do lume que se declarou esta madrugada no baixo dunha vivenda en Redondela.
Os inquilinos non estaban no interior da casa nese intre pero si a mascota, un can que os bombeiros de Vigo atoparon xa morto entre as lapas. Os servizos de extinción conseguiron evitar que o lume alcanzase o andar superior do inmoble pero tardaron máis de dúas horas en sufocar por completo o lume.