CRTVG

Buscar

Arde Lúpulus, a cita en Lugo coas mellores cervexas artesás

Publicado o 03/05/2019 22:33

De inspiración mariñeira, concebidas para acompañar carnes roxas, escuras e cargadas de cereal ou lixeiras e con pouca gradación. Todo tipo de cervexas artesás é posible atopar no Arde Lúpulus, a feira que xa se converteu nun clásico do calendario lugués. E é que a demanda de cervexa artesá non deixa de medrar e xa supón o 5% do consumo total en España, pero aínda lonxe do 20% que se acada nos Estados Unidos. O segredo é saber mesturar a auga cos cereais e o lúpulo e engadirlle notas de sabor e aroma.

Para a fin de semana está prevista unha cata dirixida por un especialista, concertos e xogos tradicionais populares. Ademais, os asistentes poden votar para elixir a mellor cervexa de todas.

Noticias web

03/05/2019