CRTVG

Buscar

Arde en Xinzo unha nave dunha granxa ocasionando grandes estragos

Publicado o 10/05/2021 13:22
Arde en Xinzo unha nave dunha granxa ocasionando grandes estragos

Arde unha nave dunha granxa de tenreiros en Xinzo de Limia. O lume ocasionou importantes danos materiais na granxa, afectou varios tractores e maquinaria agrícola. Salvouse a zona onde se garda o gando. Os animais, que se encontraban no exterior no momento do incendio, non sufriron danos.

O incendio declarouse, ao parecer, nun dos tractores ás once da noite. As lapas estendéronse con rapidez polo interior. Esta mesma mañá continuaban na zona os bombeiros refrescando a nave para evitar que as lapas volvesen coller forza. O dono da explotación aínda non valorou a contía das perdas.