CRTVG

Buscar

Arde a terraza dun hotel en obras de Poio que non tiña hóspedes

Publicado o 29/05/2020 19:48
Arde a terraza dun hotel en obras de Poio que non tiña hóspedes

Os servizos de emerxencia sufocaron o incendio que se declarou na terraza dun hotel en obras en Raxó (Poio). O incendio produciuse sobre as 5 da tarde no hotel Gran Proa, segundo informou o Concello de Poio, que asegura que non se rexistraron vítimas.

Ademais, o inmoble non tivo que ser desaloxado ao atoparse baleiro de hóspedes e traballadores como consecuencia das obras de reforma que se estaban realizando. Os investigadores apuntan a un curtocircuíto como a causa do incendio, que afectou o toldo do establecemento e o material que estaba acumulado na terraza. 

Ao lugar do suceso, nas inmediacións do peirao de Raxó, acudiron os bombeiros de Ribadumia, efectivos de Emerxencias de Sanxenxo e de Protección Civil de Poio, axentes da Policía Local de Poio e da Garda Civil.