Arde a cociña dunha cafetería do Porriño
Publicado o 10/01/2020 14:28
Este venres os bombeiros do Porriño tiveron que sufocar o incendio que se rexistrou nun establecemento hostaleiro deste concello pontevedrés.
A orixe do lume estivo nunha frixideira da cociña onde traballaban a pleno rendemento varios empregados no momento dos feitos. Algúns clientes foron desaloxados por precaución e, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. O lume provocou un intenso fume e importantes estragos na cociña do local que nos próximos días non poderá prestar os seus servizos habituais