ARCO abre as súas portas no recinto feiral IFEMA á metade do seu tamaño
Publicado o 07/07/2021 08:45

A feira de arte contemporánea comeza hoxe en Madrid. ARCO volve a IFEMA, pero a escala máis reducida: acudirán a metade de galerías ca en 2020. Agora o reto é reactivar o mercado en plena pandemia. Entre os alicientes deste ano está a iniciativa proxectos de artista, que exhibirá obra só de mulleres, e o monumental Gernika de Agustín Ibarrola, unha peza que estaba desaparecida e que foi esquecida durante corenta anos. A anterior edición, a do ano pasado, celebrouse só dúas semanas antes do confinamento.