Araújo volve ao traballo co grupo e Santi Mina poderíase incorporar o xoves
Publicado o 29/09/2021 21:09
Santi Mina podería retomar mañá mesmo os adestramentos con normalidade, logo da escordadura de nocello que sufriu no encontro co Granada. Recupérase tamén favorablemente da súa escordadura de nocello Néstor Araújo, o central xa acompañou os compañeiros na sesión de hoxe. Os dous poderían estar para o partido do Elxe, o domingo en Alacante. E volveu tamén adestrarse Joseph Aidoo, logo de superar por segunda vez a Covid-19 e fíxoo no día do seu 26 aniversario.