CRTVG

Buscar

Araújo: "Os rivais xa nos xogan de maneira diferente e temos que encontrar estratexias sen abandonar a idea"

Publicado o 15/01/2021 20:49

O Celta prepara a volta á competición, o próximo mércores ante o Betis, coa intención de frear os malos resultados cos que empezou o ano. O último, a goleada en Balaídos contra o Vilarreal. Néstor Araújo recoñeceu que o Celta está traballando en variantes para seguir sorprendendo os rivais. Entenden que os outros equipos estudaron o Celta e aprenderon a xogarlle: "Foron resultados negativos. Agora os equipos xógannos de maneira diferente, xogan a agardar por nós en vez de apertarnos. Hai que aprender, ser máis coidadosos e encontrar maneiras. Pero a idea segue sendo a mesma, é clara e todo o equipo a entende."

Noticias web

15/01/2021